Ponteareas avanza para ser unha 'Cidade Amiga da Infancia'
condado/louriña
A concelleira de Ensino, Cristina Fernández, mantivo unha xornada de traballo coa mesa de coordinación interna de políticas da infancia para concretar as bases do futuro 'Plan Municipal de Infancia e Adolescencia', de Ponteareas. Esta mesa está formada por técnicos municipais das áreas implicadas e técnicos responsables do proxecto DAFO: Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades, de cara a deseñar as solucións que aproveiten ao máximo "os nosos puntos fortes e recursos".
Desta reunión vai sair o primeiro Plan Municipal da Infancia e Adolescencia de Ponteareas con medidas específicas contra a discriminación e unha sociedade en inclusión e igualdade. Este Plan esixirá que a voz da infancia e da adolescencia se teña en conta nas decisións políticas, no deseño do futuro do Concello e mesmo nos orzamentos municipais. "O noso Plan da Infancia e Adolescencia está caracterizado por medidas de protección, de fomento da autonomía e un deseño de cidade que promova hábitos saudábeis e sustentábles, garantindo espazos para xogos e de lecer así como da vida en sociedade".
Os retos a conseguir baseánse nunha educación en valores de respecto, igualdade, solidariedade e de non violencia; na inclusión social dos máis desfavorecidos, participación estable, unha oferta cultural, deportiva e lúdica, e acadar unha vila sostíble.
Cristina Fernández suliña a este respecto, a importancia de que lidere o Plan a propia infancia e
adolescencia “cos que xa traballamos dándolles as rendas do seu futuro, anotando e tomando nota das súas inquedanzas e necesidades".
Contenido patrocinado
También te puede interesar