Zona Franca apoia a Salceda para conseguir máis chan industrial

condado/louriña

redacción. salceda
Publicado: 08 sep 2020 - 01:23
David Regades coa alcaldesa Loli Castiñeira.
David Regades coa alcaldesa Loli Castiñeira.

O salón de plenos de Salceda de Caselas acolleu na xornada de onte a xuntanza de traballo que tivo lugar entre o Concello e a Zona Franca de Vigo, na procura de poder sacar adiante a modificación puntual das normas subsidiarias na zona do Cerquido, que contempla a calificación como chan industrial de 623.760 metros cadrados dun total de 1.230.115 de actuación.

Hai que lembrar que as empresas alí instaladas teñen as súas naves en chan rústico o que lles impide ampliar ou reformar as mesmas. Ademais, o Sistema Nacional de Cartografía de Zonas Inundables do Ministerio de Medio Ambiente inclúe boa parte da área empresarial actual, problemas que se solucionarán coa aprobación da modificación. Por outra banda abriríase a posibilidade de que se instalasen alí novas empresas, coa consecuente creación de emprego que beneficiaría a Salceda e arredores.

equipamentos públicos

O Concello conseguirá ademais 12.475 metros cadrados para equipamentos públicos, así como o 10% da edificabilidade en chan industrial. En canto aos veciños e veciñas da zona do Cerquido, esta modificación garántelles a protección urbanística do núcleo de vivendas xa existente, deixando o núcleo perfectamente delimitado.

David Regades púxose a disposición do equipo de goberno para poder sacar adiante o proxecto e abriu una vía de comunicación entre os equipos técnicos de ámbalas dúas institución.

Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda, agradeceu a boa disposición de Zona Franca e do seu delegado, lembrando a enorme importancia que esta modificación ten para o Concello de Salceda, e a oportunidade única de ordear a principal zona industrial de Salceda.

Contenido patrocinado

stats