“Este é un disco pioneiro por levar letras de cancións de sempre ao galego”

ALBERTO CUNHA Cantante vigués, presenta novo disco “Recordos”

A. BAENA. VIGO
Publicado: 21 dic 2019 - 01:44
Alberto Cunha presentará o seu disco o día 27 en Vigo.
Alberto Cunha presentará o seu disco o día 27 en Vigo.

Alberto Cunha é un showman popular na cidade polos seus talentos polifacéticos. Esta de actualidade porque o vindeiro venres, o 27 de decembro, presentará no auditorio municipal o seu último disco, “Recordos”. As entradas xa están á venda con un prezo únicao de 10 euros na tenda LP e tamén en taquilla, unha hora antes do inicio da actuación

“Recordos” saíu ao mercado en xuño, como ten sido a acollida?

Os temas que se emiten pola radio están tendo moi boa resposta, en canto os directos, aínda non as interpretei. Esta vai ser a presentación oficial. Facemos como Les Luthiers, primeiro actuamos en casa e logo xa saímos de xira.

“Recordos” é un disco de versións ao galego dos grandes da canción como Raphael ou Camilo Sesto. Como lle sentou aos fans?

Moi ben, non me saío das características de cada un dos cantantes. É unha adaptación moi fiel aos orixinais, tanto no estilo como no xeito de cantar, entón non choca. É un disco pioneiro por levar as letras de cancións de sempre ao galego.

Como van a adaptar o disco á actuación en directo?

Formamos unha banda para as actuacións con dúas guitarras e unha batería. Así conseguimos un sonido fresco. Este vai ser un concertos para escoitar e disfrutar dos recordos que trae cada tema.

E a posta en escena?

Minimalista. A saída ao escenario vai ser moi sobria. O importante é a música. Sairemos os músicos e a voz, so botaremos man da iluminación do auditorio para recrear un ambiente íntimo.

Que toque persoal lle da Alberto Cunha a estas interpretacións?

A miña aportación, amais de traducilas ao galego, é darlles o meu toque persoal de cantar; tamén os arranxos, que aínda que mínimos, contribúen a diferencialas das orixinais.

Onde se vende este disco?

Está dispoñible en cd en tódalas tendas de disco de Vigo, ademáis tamén se pode adquirir no mesmo concerto.n

Contenido patrocinado

stats