“Eu son esencia galega, teño un sentir e fago música contemporánea dende a miña identidade”

GUADI GALEGO Presenta o seu novo disco “Costuras”

ANA BAENA. VIGO
Publicado: 25 nov 2020 - 01:08
Guadi Galego saca o seu sexto disco en solitario.
Guadi Galego saca o seu sexto disco en solitario.

Guadi Galego (Cedeira, 1974) presenta aos lectores de Atlántico o seu novo disco, “Costura”, que saíu o pasado venres ao mercado. Quen fora vocalista, gaiteira e pianista en Berrogüetto, consolida a súa carreira en solitario co sexto disco da etapa.

Comeza unha promoción nun momento difícil para a música en directo.

É un momento distinto, sen expectativas de poder facer concertos en directo, pero eso non cambia a función dun disco. A xente xa pode escoitalo e aprender as cancións para cando poidamos actuar.

“Cólico” e “Costuras” serviron de adianto, por que escolleu estas cancións como singles?

Poderíamos ter escollido calquera dos dez temas porque o disco é un todo. “Cólico” foi o que primeiro rematei e “Costuras” dá nome ao disco, é un tema máis ambiental que o resto.

En moitos de estos temas a súa voz volve integrarse no conxunto como un instrumento máis. É marca da casa?

Veño dunha banda instrumental e aporto ese concepto do todo, unha canción non é só a melodía coa letra. Precisamente o tema “Costuras” está cantado moi de esa manera, co tratamento da voz dentro dese ambiente.

Este é o seu sexto traballo en solitario. Como foi o seu evoluír dende “Benzón” en 2009?

Un evoluír ou un seguir camiñando, non sei. Noto que sego a cambiar, a aprender, o que fai que cada disco sexa distinto ao anterior, pero soando a min. Nunca se sabe vai pasar no vindeiro traballo.

Moitos ben na súa música o son da esencia galega. Que lle parece?

Eu son eso. Teño un sentir, fago música máis contemporánea dende aquí, dende a miña identidade. Todos temos un sitio de arraigo, un lugar onde están os costumes que se absorben.

Contenido patrocinado

stats