Fusión de jazz e post rock nunha noite musical no Museo do Mar

m.n. vigo
Publicado: 10 jun 2017 - 03:16
Loiros, durante un dos seus concertos.
Loiros, durante un dos seus concertos.

nnn Loiros presenta o seu proxecto musical esta noite, no Museo do Mar, nunha cita musical que combina un son moi persoal, ás 21 horas, cunha entrada única de cinco euros. O grupo xurdido en Vigo, tocará en directo temas de “Catro” o disco composto polo baterista Héctor Agulla e o guitarrista Virxilio da Silva, habituais da escena musical galega a través de bandas como Why Go, Foxy Freire, Steel Sheep ou Known Inmortal Trio.

Para a posta en escea da proposta, Agulla e Da Silva contan coa colaboración doutros dous músicos para completar a formación: guitarrista francés Wilfried Wilde e o baixista alemán Felix Barth, apartando unha primeira versión máis acústica. “Coñecémonos todos da escea do jazz e coincimos no interese de facer algo diferente”, comenta Héctor Agulla, quen desvela o segredo que garda o seu nome: “O certo é que non o pensamos moito, todos somos loiros, tamén Virxilio cando tiña pelo”

Desta volta, mergúllanse nunha peculiar mistura estilística que ten como columna vertebral o jazz e os post rock, con pinceladas de psicodelia, melodías propias do pop ou rasgos cercanos ós compositores impresionistas.

As cancións xorden da posta en común do imaxinario musical destes músicos, partindo das composicións de Agulla. Temas permeables a influencias tan dispares como Nick Drake, Tame Impala, Brad Mehldau, Reinier Bass, Debussy, Incubus ou Sigur Ros.n

Contenido patrocinado

stats