O Kerouac recupera a Rompente de Reixa “para facerlle xustiza”
Vigo
Marcos de la Fuente e Vanesa Álvarez propoñen a novena edición do festival Kerouac. Do 3 ao 6 de outubro, acollerá a máis de 40 artistas en sete eventos por toda a cidade.
“É un triunfo e unha loita que se repite cada ano; é moi probablemente sexa a última edición con este formato tan amplo se non atopamos máis axuda e apoios”, afirma De la Fuente, quen recoñece o tremendo esforzo aportado por tódolos implicados: “Se non fose pola Xunta non había festival. Este ano tamén colabora o Instituto Camoes, axudándonos a traer a Lisbon Poetry Ensemble
O rexurdir de Rompente é do máis chamativo de esta edición. O director do festival asegura que non foi doado reunir ao grupo de La Movida, pero si moi gratificante: “Primeiro falei con Romón, despois localicei a Avendaño en Washington e finalmente fun a falar persoalmente con Antón Reixa; a semana pasada quedaron os tres para comer despois de moitos anos sen verse. As novas xeracións descoñecen o seu legado e pensei que era bo facerlles xusticia. Hai que respetar os que viñeron antes que un e fixeron camiño”. A súa intervención será na Fundación Barrié de la Maza o venres, 4.
Con poetas procedentes de México, Chile, Iráq, Letonia, Nepal, Inglaterra, Portugal ou Malta, moitos dos invitados están relacionados outras cidades onde se realiza o Kerouac, México e Nova York. Levaranos a recitar a distintos escearios en distintos horarios: “Para nos é moi importante baixar a poesía dos pedestais e lévala por Vigo adiante para que todo o mundo a poida descubrir e disfrutar.
O festival Kerouac volverá a encher as rúas de poesía, financiado con pequenas axudas de organismos públicos e privados como El Corte Inglés, A Pepita e Lume do Carozo, onde van a comer e cear os poetas. “De verdade que a xente non se imaxina o que custa sacar adiante un festival. Sen todos estes apoios e os de outras persoas que colaboran desinteresadamente, sería imposible”, puntualiza De la Fuente. A edición de México conta coa axuda do CCEM, e en Nova York, o da Xunta de Galicia e do Consulado de España.
Para Marcos de la Fuente, poeta e axitador social, a poesía do século XXI está favorecida polas novas tecnoloxías, “abriron as portas e democratizaron o uso da poesía, como tamén fixeron con outros aspectos da vida. Agora e mais común mesturala con outras artes e implementala en negocios ou publicidade. Se falamos de poesía lírica, hai moi bos poetas que seguen a sublimar a linguaxe buscando novos xeitos de emocionar. En calquera caso, estou seguro de que nunca se leeu e escoitou tanta poesia como agora”. A conexión co público é a que para De la Fuente, xustifica o festival: “O día que non enchamos as bancadas terminarase todo isto. Penso que a xente de Vigo é curiosa e con ganas de cousas novas, e o Kerouac ten iso: sorprende e emociona a partes iguais”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar