Méndez Ferrín ve no Premio Laxeiro un “prezado galardón”
vigo
Xosé Luís Méndez Ferrín recibirá mañá sábado o Premio Laxeiro da man do alcalde e presidente da Fundación, Abel Caballero. Onte, durante a presentación deste galardón, o rexedor referiuse ao homenaxeado como "unha personaxe da maior importancia no ámbito cultural e político de Galicia".
O alcalde eloxiou a elección nunha presentación na que, xunto co galardoado e o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, tamén estaban presentes, Manuel Bragado, editor e o director artístico da Fundación e o secretario xeral da Fundación, Javier Pérez Buján e Carlos García Suárez, respectivamente.
Caballero destacou non só a súa "prolífica creación literaria" senón tamén os postos que desempeñou como docente ou como presidente da Real Academia Galega" ademáis da súa faceta periodística.
O presidente da Fundación destacou o "acreditados que son estes premios" aínda que non teñen unha vida moi longa, xa que veñen distinguindo a persoeiros de primeira liña da cultura en Vigo e en Galicia, ao amparo, dixo, da capacidade creativa "deste inmortal Laxeiro que aínda pasea polas rúas de Vigo, sinalou o alcalde.
Pola súa banda, Méndez Ferrín, agradeceu o premio que calificou de "prezado galardón" e quixo contar como é a súa relación con Laxeiro e coa súa pintura, dende que era mozo. Ferrín dixo sentirse inspirado por Laxeiro, de quen a partir de agora levará parte do seu nome.
Contenido patrocinado
También te puede interesar