“O rural forma parte do adn galego, quero revalorizar a serra do suído, a miña orixe”

BETO LUACES Presenta “Vikus, un lugar afastado”, tercer libro da trioloxía

A. BAENA. VIGO
Publicado: 01 dic 2020 - 00:32
Beto Luaces, na Serra do Suído, esceario da súa novela.
Beto Luaces, na Serra do Suído, esceario da súa novela.

nnn Beto Luaces (Montevideo, 1969), fillo de emigrantes retornados, presenta “Vikus, un lugar afastado”, a terceira entrega dunha trioloxía adicada Vigo e á Serra do Suído, os dous escenarios vencellados coa súa historia. Licenciado en Filoloxía Galega e traballador da Administración de Xustiza, falou para os lectores de Atlántico da súa nova proposta literaria.

Con esta entrega acaba o proxecto de Vikus?

Comezou sendo un libro único e acabou en trioloxía. A miña intención é superala e xa traballo no cuarto libro. Agora terán que ser os lectores e a editorial os que digan se lles interesa.

Nestas tres novelas os personaxes foron medrando co paso do tempo. Onde se sitúan agora?

O primeiro libro foi un caos para todos. O resto dos protagonistas foron encauzando a súa vida, agás Peixoto que non se dá adaptado a súa nova realidade.

Mais nesta ocasión incorpora un veciño do Suído pouco coñecido e cunha vida apaixoante, Alfonso Graña. Que papel xoga?

Coñecido como o Rei dos Xíbaros. Foi un emigrante galego atípico, a súa vida xustificaría por si mesma unha película. Aquí aparece como un pano de fondo. A trama comeza cun achádego moi macabro nas ruínas da súa casa natal, de aí o título, un lugar afastado.

Unha vez máis bota man de Vigo como localización urbana. Que faciana da cidade parece no libro?

O Vigo das novelas de “Vikus” é o máis clásico, o máis urbano, as parroquias aparecen só como ubicación da casa familiar. No primeiro libro había unha reivindicación da arquitectura viguesa, magnífica, despois pasa a un segundo plano, aínda que segue presente.

Atópase esa revalorización do rural coa volta ao Suído. É unha ponte coa tradición?

A pandemia amosounos o importante que é a natureza. O rural forma parte do ADN de todo galego e dende o primeiro libro poño en valor a Serra do Suído, onde está a miña orixe.

Tódolos capítulos asignánse cunha letra do alfabeto pola que tamén comezan. Por que?

É unha brincadeira, un xogo que plantexo entre o escritor e o lector. Nas outras novelas tamén había 23 capítulos, un por cada letra, pola que se iniciaba.n

Contenido patrocinado

stats