“A vaca é un símbolo da resistencia galega, á adaptación ao cambio e a victoria final”

AFONSO EIRÉ Escritor e xornalista presenta “Memorias dunha vaca marela”

Afonso Eiré (Chantada, 1955), escritor e xornalista (30 anos como director de “A Nosa Terra”), presentou onte, na librería Andel, a súa última publicación, “Memorias dunha vaca marela”.

A. BAENA. VIGO abaena@atlantico.net
Publicado: 01 jun 2018 - 01:30
Afonso Eiré, en pé, presentou o seu libro onte en Andel.
Afonso Eiré, en pé, presentou o seu libro onte en Andel.

Por qué escolleu unha vaca como protagonista da historia?

É o símbolo de Galicia. Está presente no refraneiro popular, destácana Castelao e Otero Pedrayo, incluso o Ministerio de Agricultura dalle un valor simbólico case ao mesmo nivel que o do idioma.

Pero coa a historia da vaca aproveita para facer un percorrido polos últimos anos do agro galego.

Vai dende a entrada no Mercado Común ata o século XXI. A vaca é para min un recurso literario, unha visión diferente de amosar a realidade.

O agricultor galego estaba preparado para entrar en Europa?

A sociedade estaba preparada, pero producíronse tantas normas e cambios drásticos, que se pasou dunha vaca para sustencia ao monocultivo e á gandeiría industrial. Coas condicións impostas polas leis europeas, moitas explotacións non o soportaron e xerou unha crise no que o problema non foron as vacas, senon as persoas que se quedaron sen modo de vida.

O desenlace da novela non se pode calificar de final feliz.

É triste, pero real. Escribín o que está a acontecer, un retrato da realidade.

Pero a vaca marela (Cachorra) segue resistindo na granxa, cando o resto xa non están. É un punto de luz ao fondo do túnel?

A vaca marela é un símbolo da resistencia galega, á adaptación ao cambio tanto social como cultural e a victoria final. Galicia, como o seu idioma, consigue sobrevivir e avanzar en moitos aspectos.n

Contenido patrocinado

stats