O alivio do sol de inverno

rugby

O Kaleido Vigo afástase da zona de descenso directo tras gañar ó Oviedo, colista, por tres puntos e con algúns apuros

jorge castro. vigo
Publicado: 12 ene 2020 - 02:42
Gabardos, que antou 15 dos 20 puntos do Kaleido Vigo, patea o oval por enriba dun agrupamento ante o Oviedo.
Gabardos, que antou 15 dos 20 puntos do Kaleido Vigo, patea o oval por enriba dun agrupamento ante o Oviedo.

O partido era para gañar e o Kaleido Vigo gañou, que era a principal misión. Agora, coa calma e a reflexión, chegará o momento para o estudo do xogo, que onte estivo lonxe de ser efectivo ou fermoso no campo das Lagoas. Aínda así, os catro puntos obtidos son un verdadeiro alivio como a tarde de onte, solleira no medio do duro inverno do campus universitario vigués. Porque a sensación ó final do enfrontamento foi esa mistura entre felicidade polo resultado e a impresión de que o xogo estivo lonxe do esperado. Aínda así o triunfo chegou máis de dous meses despois do último.

Os vigueses saíron ó terreo de xogo co seu mellor equipo posible e con máis afectivos dos habituais na liña de tres cuartos, a pesar da baixa de última hora de Carlos de Cabo, mancado no quecemento. Tamén presentaba a Facundo Fernández na posición de apertura para darlle outro orde ó equipo, pero durante toda a primeira metade non atopou o xogo rápido e continuado preciso para facer dano ó seu rival. Igual por presión, igual pola tensión da necesidade de gañar ou porque o rival o impediu, o certo é que a primeira metade transcorreu entre erros nos dous ataques, máis golpes de castigo dos necesarios, moitos balóns adiantados e dúas patadas pasadas por Gabardos que, pouco a pouco, facíase protagonista.

Ó descanso chegouse cun 6-0 que indicaba o xogo vivido por ambas formacións, pero a segunda metade comezou con ensaio do sudafricano Marzuq Maarman tras romper polo lado pechado ante a pasividade na placaxe local. Era a percepción de que o encontro tendía a complicarse máis do esperado, pero a esta anotación seguíronlle os mellores minutos locais, que acadaron o único ensaio da tarde, obra de Santi Gutiérrez tras unha longa xogada de lado a lado do campo e con varios 'offloads' para evitar a colocación da defensa visitante.

Chegou a anotación e tamén o erro de Gabardos na transformación, pero o Kaleido Vigo viviu ós mellores momentos porque, por fin, conseguiu certa seguridade na posesión ante un Oviedo errático en ataque. Aproveitouno o medio de melé para pasar dúas novas patadas e situar o marcador en 20-10 a falta de cinco minutos.

O encontro parecía gañado, pero sería moi sinxelo. Anotou o seu segundo ensaio o Oviedo a tempo de xogar a última posesión. O medo estaba presente pero o saque dende o medio campo botou ó borde da liña e marchou fóra ante a mirada visitante, que non colleron o oval. O tempo estaba esgotado e, polo tanto, o partido morreu. Alivio local baixo o sol.

Kaleido Universidade de Vigo:

Agustín Francisco (Reyes, min. 68), Tito Prieto, Brizuela, Facu Muñoz, Paradela (Carlos López, min. 46), Villegas (Dubois, min. 46), Lordani, Tatafu; Gabardos, Facu Fernández; Santi Gutiérrez, Mauro González, Valentín Gutiérrez (Acosta, min. 79), Calvo, Carlos Davila.

Real Oviedo:

Ignacio Fernández-Mijares (Roces, min. 64), Chaza, Maarman, Carrasco, Tamargo (Edu Blanco, min. 56), Gardonio, Méndez, Zelaya; Yoldi (Juesas, min. 44), Mulero; Jaime Riesgo, Debrenliev, Javi Morán, Javier Fernández, Alfonso Menéndez.

Anotaciones:

3-0, min. 12: golpe de Gabardos; 6-0, min. 26: golpe de Gabardos; 7-6, min. 42: ensaio de Maarman, que pasa Menéndez; 9-7, min. 47: golpe de Gabardos; 9-10, min. 53: golpe de Menéndez; 14-10, min. 57: golpe de Gabardos; 17-10, min. 64: golpe de Gabardos; 20-10, min. 75: golpe de Gabardos; 20-17, min. 79: ensaio de Juesas, que pasa Menéndez.

Árbitro:

Gonzalo Pardo. Amosou cartón amarelo que conleva dez minutos de expulsión a Tamargo, do Oviedo (min. 46).

Contenido patrocinado

stats