Ares asina o empate para o Val Miñor

división de honra xuvenil

Partido de moitas alternativas e cun empate de mérito do Val Miñor ante o Sporting de Gijón.

Ares asina o empate para o Val Miñor
Publicado: 16 oct 2017 - 04:12
Os futbolistas do Val Miñor celebran un gol nun partido anterior.
Os futbolistas do Val Miñor celebran un gol nun partido anterior.

O gol de Ares, anotado a cinco minutos para o final do encontro, permitiu sumar un punto á formación dirixida por Álex Villar e mantén ó Celta -que xogou o sábado- a un punto da cabeza da táboa que agora ocupa o Oviedo.

O partido de Condomínguez comezou cun bo nivel do Val Miñor, pero encaixou dous tantos seguidos pasado o ecuador do primeiro tempo. Puido facer algún máis o Sporting, pero Somoza, nun dos poucos ataques locais nos últimos minutos do primeiro acto, axustou o marcador ó descanso. Álex Villar realizou dous trocos e o equipo de Nigrán traballou moito para tentar empatar o partido. O tanto chegou a falta de cinco minutos e cando os xogadores da formación de Nigrán amosaban síntomas de esgotamento. Finalmente, o seu traballo tivo premio.

Contenido patrocinado

stats