Ares é a referencia

liga galega a

O barco de Ferrolterra sumou a segunda vitoria con Samertolameu, terceiro, e Tirán, cuarto

jorge castro. vigo
Publicado: 01 jul 2019 - 02:44
A embarcación de Tirán Pereira realiza unha ceavoga baixo a atenta mirada do público.
A embarcación de Tirán Pereira realiza unha ceavoga baixo a atenta mirada do público.

Dúas regatas, dúas vitorias de Ares. A traiñeira de Ferrolterra gañou onte na súa casa para saír do primeiro fin de semana da Liga Galega de Traiñeiras como líder claro da competición por diante de Mecos, Tirán Pereira e Samertolameu.

Na cita de onte, as embarcacións moañesas estiveron un paso por detrás do gañador da proba e preto de Mecos, pero por detrás. Tras a cita do sábado, na xornada dominical xa estiveron as embarcacións agrupadas por rendemento e a quenda de honra resultou especialmente fermosa con catro barcos que, teóricamente, tiñan opcións de vitoria.

Ares saiu forte camiño á vitoria e sería Tirán Pereira o barco que tentou seguir o seu ritmo durante o primeiro longo, pero pagou o esforzo a partir do segundo rego da xornada. Primeiro, foi sobrepasado por Mecos, e, no último treito da proba, por Samertolameu para rematar na cuarta posición a trece segundos da vitoria.

Porque, a pesar do mando de Ares, a proba volveu a estar igualada. No ecuador da competición, o barco do Grove xa estaba por detrás do anfitrión a tres segundos, mentres que Samertolameu cedía ata nove. Aínda perderon algo máis os pupilos de Dani Pérez Fandiño, que aínda así melloraron moito o seu rendemento no segundo treito da competición para adiantar a Tirán e, incluso, diminuír a perda de tempo con Ares e Mecos. O barco de Meira chegou a dez segundos do gañador da proba e o preparador xa sabe que precisa mellorar a velocidade no longo inicial para loitar polas vitorias porque, co paso dos minutos, "A Terca" parece que goza dun bo rendemento.

Vilaxoán ocupou a quinta posición e, despois, chegou o vacío porque Bueu, sexto, quedou a case cincuenta segundos da vitoria. Un mundo que indica o dividida que está a Liga Galega A na presente tempada. Iso si, Ares comezou cun punto máis que os seus rivais. Mecos é segundo o os barcos moañeses empezaron con dúbidas.

Tentarán solucionalas o vindeiro sábado na Bandeira Concello da Pobra, a única cita do fin de semana. Isi si, servirá como comezo para a Liga Feminina, pero na Ría de Vigo, coa Bandeira Concello de Redondela, en Chapela.n

Contenido patrocinado

stats