Enchente atlética polas ladeiras do Monte Aloia

Atletismo | Trail do Aloia

Anxo Otero, Ángeles Domínguez, David Porto e Noemí Álvarez obtiveron a vitoria

Os corredores tiveron que xestionar unha proba marcada pola choiva dos últimos días.
Os corredores tiveron que xestionar unha proba marcada pola choiva dos últimos días.

Auga polos regatos, polos ríos e polos camiños. A choiva aumentou o caudal dos cursos fluviais do monte Aloia e, como é habitual, converteu algún camiño en rego, pero tamén foi notable a enchente atlética congregada no monte pese as condicións meteorolóxicas. Ata 506 deportistas remataron o trail do monte tudense que tivo unha paisaxe espectacular: verde, húmida e con lameiro. Puro monte galego.

Na distancia curta, a vitoria foi para Anxo Otero nun podio moi ordeado. Medio minuto despois chegou Diego Pons e sobre un minuto cedeu José Antonio Burgos. En mulleres, Ángeles Domínguez superou en dous minutos a Rocío Rodríguez e Daniela Carvalho pechou o caixón.

A cita longa, de 20 quilómetros e un desnivel forte no que o lameiro incrementou a dureza, gañouna David Porto, que meteu dous minutos a Daniel Domínguez, mentres que José Alberto Lorenzo finalizou terceiro. En mulleres, a viguesa Noemí Álvarez superou á veciña da localidade tudense Aida Valiño, mentres que Bryony Izzard completou ó podio.

Corredores do Trail do Aloia.
Corredores do Trail do Aloia.

Contenido patrocinado

stats