Exposición de Luis Davila polo aniversario de Castelao
agenda
A mostra, organizada pola Deputación, pode verse no Pazo Provincial
nnn A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, inaugura no Pazo Provincial a mostra “Luis Davila. A retranca dun país”, que se abre hoxe, 30 de xaneiro, coincidindo co aniversario do nacemento de Alfonso Daniel R. Castelao e do Día da Ilustración. Trátase dunha das exposicións que percorreu a provincia durante o pasado ano no marco do programa de actividades culturais que o departamento provincial de Cultura e Lingua promovera con motivo do Ano Castelao.
O obxectivo desta mostra é poñer en valor o legado dunha figura histórica, pero dun xeito actualizado.
Pazo Provincial, en Pontevedra. Inauguración contra as 11.30 horas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar