Hondarriba e Orio, con Vicky Piñeiro, obteñen a vitoria con claridade

traiñeiras b. da concha

A baía de San Sebastián acolleu onte a segunda xornada Bandeira da Concha, que estivo marcada polo bo tempo, con ondas que estaban polo metro de altura e un vento escaso, pouco propicio para as sorpresas.

redacción. vigo
Publicado: 14 sep 2020 - 02:21
Celebración de Orio.
Celebración de Orio.

Neste contexto, Hondarribia, en homes, e Orio, en mulleres, non deixaron opción á sorpresa e acadaron a vitoria con triunfo parcial.

Na categoría masculina, a traiñeira de Zierbena, segunda a sete segundos da "Ama Guadalupekoa", era a única con opcións ó triunfo tras a primeira xornada, pero o barco dos vigueses Juan Zunzunegui e Jaime de Haz non tivo opción de triunfo. Loitaron e vogaron ben, pero foron superados por unha traiñeira superior como Hondarribia. A pesar disto, pecharon o día e a clasificación xeral da proba na segunda posición tras unha tempada de gran nivel.

Sétimo triunfo de Vicky Piñeiro

Pola súa banda, en mulleres chegouse á regata decisiva con Orio e Donostiarra separadas por dous segundos, pero o intento de remontada non chegou a ser nin real proque a tripulación oriotarra, na que milita a canguesa Vicky Piñeiro, gañou a quenda por unha renda de máis de dez segundos. Unha vantaxe grande porque en mulleres dispútase a metade do percorrido. Con este triunfo, a canguesa Vicky Piñeiro eleva o seu palmarés ata as sete vitorias e queda a dúas da plusmarca absoluta da grovense Andrea Oubiña, que acumula nove e onte vogou dentro de Donostiarra, segunda.

Contenido patrocinado

stats