"Las Ladies" gañaron o premio ó grupo máis numeroso

atletismo

Purificación Pena, de 88 anos, foi a muller de máis idade na proba

redacción. vigo
Publicado: 17 jun 2019 - 03:27
Karen Castro, Dolly Darlen, Cristina Estévez e Aldara Fonseca, ó finalizar a competición.
Karen Castro, Dolly Darlen, Cristina Estévez e Aldara Fonseca, ó finalizar a competición.

A Carreira Feminina celebrada onte tiña entre as súas novidades a concesión de premios ós grupos máis numerosos. 'Las Ladies', o grupo impulsado por Andrea Gabián 'Ladycompostela', chegou ás 106 integrantes polas 78 de 'Vigolinas', un grupo que colaborou con Érguete e Corre, e ata as 56 mulleres chegou 'Por Ellas'.

Estes grupos recolleron o seu premio ó finalizar a proba na zona do Náutico, ademais de participar nun macrobaile de zumba e tamén subir ó escenario as mulleres premiadas de xeito individual. Neste apartado configurouse o podio feminino e tamén acudiu Purificación Pena, que cumpriu o trazado ós seus 88 anos de idade. O galardón á participante de menor idade foi para Iris Fernández, nada o pasado 7 de febreiro, polo que seguramente non foi moi consciente do que viviu onte. Nuns anos poderá ver o galardón e terá un recordo xunto á súa familia e, se non sucede nada raro, poderá participar por vontade propia.

Ata 88 anos separaron á participante de maior idade e a de menor. Catro ou cinco xeracións.n

Contenido patrocinado

stats