Moaña exerce de novo de capital das traiñeiras
traiñeiras liga galega
A Liga A e a Galicia Calidade desputan hoxe sendas probas no peirao da Mosqueira
Menos de sete días despois do Campionato de España de traiñeiras, as augas de Moaña volven a converterse no centro neurálxico do remo de banco fixo. Alomenos en Galicia. A LGT chega á vila morracense coa Bandeira Concello de Moaña (17:30), integrada no almanaque da Liga A e da Galicia Calidade. Se ben o campionato estatal desenvolveuse en Meira, con Samertolameu coma anfitrión, a batalla de hoxe terá lugar no Con, no peirao da Mosqueira. É dicir, na casa de Tirán Pereira.
As mulleres serán as encargadas de dar comezo á xornada coa súa primeira quenda, ás 17:30 horas. Todo apunta a unha nova vitoria de Mecos-Coruxo (con varias remeiras de Meira no equipo). O bote campión de España leva canxeadas por triunfos as catro regatas desputadas ata hoxe, cunha superioridade manifesta que a pon no rego do título ligueiro e do pleno de Bandeiras. Coma de costume, Cabo de Cruz será o seu meirande rival. Ámbalas dúas sairán na segunda quenda, xunto a Perillo, no trío cabeceiro da Liga.
Despois da entrega da Bandeira feminina, contra as seis da tarde, será o turno dos homes. Ás 18:15 sae ó mar a primeira quenda desta novena proba da Liga A. Tirán, que voga na casa, tratará de asaltar o liderado que ostenta Mecos, do que lle separan tan so tres puntos (76 contra 73). So unha unidade por detrás aparece Samertolameu para completar unhas posicións cabeceiras moi axustadas tras a sanción a Ares por aliñación indebida na súa propia regata -o clube de Ferrolterra ameaza con paralizar a Liga por esta razón-.
A Liga B, en Muros
Tamén hoxe, dende as 17:30, celébrase en Muros a séptima proba da Liga B. A anfitriona Esteirana busca achegarse ó líder A Cabana, con Coruxo en terceira posición, inda que a bastante distancia dos dous primeiros (está a trece do líder e a nove dos locais). Xusto por detrás aparece Cesantes, a catro unidades dos vigueses. Chapela e Vila de Cangas loitan na zona baixa.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar