De la Puente obtén a vitoria en Valencia
tenis liga mapfre
nnn O tenista vigués Martín de la Puente obtivo onte a vitoria no torneo de Valencia da Liga Mapfre de tenis que organiza a Real Federación Española entre os mellores xogadores do país.
No partido polo título citáronse o tenista olívico e Daniel Caverzaschi, que ocupan a décimo terceira e a vixésimo segunda posición do ránking mundial, respecticamente. Eran os favoritos e o confirmaron na pista para loitar no último encontro polo título. Precisamente, o madrileño iniciou mellor o partido que De la Puente e, incluso con certa comodidade, gañou o primeiro set por 6-3. Quedaba sen erro o vigués, que tivo que sacar o seu mellor tenis para igular a enfrontamento con outro 6-3. A igualada enviaba o partido ó desempate e alí foi De la Puente moi superior o seu rival para acadar o título nun torneo que repartía un total de 3.600 euros en premios.
Esta semana, o xogador ten previsto desprazarse ata Vigo para participar no Campionato Galego de tenis en cadeira de rodas. O pasado ano superou na final a Álvaro Illobre e buscará revalidar o título.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar