Recital de Mecos Coruxo

traiñeiras

A traiñeira grovense-viguesa acada a vitoria en Oleiros con 41 segundos sobre Tirán Pereira

jorge castro. vigo
Publicado: 14 jul 2019 - 03:38
A traiñeira de Mecos Coruxo toma unha baliza na regata de onte en Oleiros.
A traiñeira de Mecos Coruxo toma unha baliza na regata de onte en Oleiros.

A traiñeira de Mecos Coruxo realizou unha regata notable na Bandeira Concello de Oleiros feminina, disputada onte, e acadou a segunda vitoria da tempada cunha renda ampla de ata 41 segundos sobre Tirán, que superou no seu particular man a man á embarcación de Cabo da Cruz.

A competición disputouse en formato contrarreloxo debido ás malas condicións meteorolóxicas da xornada e, polo tanto, sen diferencia entre carreiros. Iso si, con dificultades para avanzar debido ó mar de fondo e o vento, polo que as traiñeiras investiron máis de vintetrés minutos en completar o percorrido.

Na primeira baliza, a "Mequiña" xa tiña un total de dez segundos de renda con Cabo da Cruz e Tirán Pereira. Un feito que amosaba a gran superioridade dunha tripulación que, salvo unha notable sorpresa, asinará un pleno de vitorias na Liga Galega e debe poñerse entrar na final da regata da Concha como principal reto do curso. Pero iso chegará ó final de tempada.

Na cita de Oleiros, a segunda baliza amosou que Tirán Pereira vogaba con toda a intención de meterse na segunda posición e realizou a ceavoga cunha renda de dous segundos sobre Cabo da Cruz. Mecos Coruxo, noutro nivel, navegaba cara a vitoria.

O barco de Boiro reaccionou no terceiro longo para volver a poñerse por diante das moañesas pero cara a baliza de terra, os papeis volveron a intercambiarse e a "Ruly" foi mellor no derradeiro longo. Deste xeito, amosou unha notable melloría tras a cuarta posición da primeria regata e aparece como clara candidata á segunda posición na Liga Galega feminina. Tras o posto de onte é terceira.

Pola súa banda, a traiñeira de Chapela pechou a regata lonxe de Mugardos, e terá moi complicado evitar a última posición. En todo caso, mellorou algo as prestacións en relación á primera proba.n

Contenido patrocinado

stats