A resolución será na Madroa
copa do rei xuvenil
O Celta e o Alavés empatan sen goles nun partido de poucas ocasións na ida de oitavos de final da Copa do Rei
A eliminatoria queda para a Madroa. É a principal conclusión que se pode tirar do encontro de onte entre Alavés e Celta en Vitoria porque o enfrontamento estivo marcado polas precaucións defensivas, especialmente do equipo vasco.
Dende o inicio do partido foi o Celta o que tivo o balón e o que tentou combinar ante unha formación local que apostaba máis polas transicións rápidas e balóns en longo para aproveitar a velocidade dos xogadores de ataque. Baixo esta situación, o equipo vigués soamente creou dúas ocasións antes do tempo de lecer, pero errou na finalización.
Tras o descanso, o partido seguiu por unha sendeiro similar, pero o paso dos minutos favoreceu a aparición de opcións de gol. O equipo de David de Dios tivo dúas claras, que estiveron moi preto de desnivelar o partido. Na primeira, Pampín controlou no área rematou con Aritz enriba, tocou o porteiro e o rexeite volveuno a tocar Pampín, pero cereceu de capacidade para dirixir o balón coa cabeza. A segunda opción de gol dos vigueses chegou no tempo engadido, cando Gabri tivo un balón solto no área, pero o remate petou nun defensa e marchou fóra.
Coa igualada sen goles, a resolución da eliminatoria quedará para o vindeiro sábado na Madroa (16:00). O Celta recibe ó Alavés no encontro de volta e faino con boas sensacións. Non obstante, deberá atopar solucións ofensivas para tratar de superar o plantexamento defensivo da formación vasca, que se mostrou especialmente eficaz no encontro de onte.
Alavés:
Aritz, Darko, Aitor, Alberdi, Juan, Okersiy, Dani V. (Pepe, min. 76), Manu (Iván, min. 76), Juanjo (Ribada, min. 55), Ander, Javi (Iago, min. 86).
Celta:
Galnares, Riki, Carlos, Juanma, Salgueiro, Pedro (Guille, min. 62), Pampín (Mario, min. 79), Álex Rey, José Sobrido, Alberto (Toi, min. 85), Aarón (Gabri, min. 74).
Árbitro:
Aitor Barrio Salas. Amosou cartón amarelo a Darko e Ander polo Alavés e a Pedro e Riki polo Celta.
Incidencias:
Partido de ida da eliminatoria de oitavos de final de Copa do Rei xuvenil.
Contenido patrocinado
También te puede interesar