Rugby solidario e de moita amizade
Rugby torneo Movember
nnn O Melgachos vigués organizou o pasado sábado no campo de Montecastelo o torneo solidario Movember, que este ano tiña como obxectivo recadar fondos para a Asociación Española Contra el Cáncer e, como é habitual na cita, reuniu a medio centenar de xogadores con experiencia nunha velada con deporte, pero tamén de amizade, coa cea posterior e o percorrido pola cidade para gozar do ambiente do Nadal.
No referente ao apartado deportivo, que estivo lonxe de ser o principal argumento do día, o Melgachos obtivo a vitoria tras gañar un partido e empatar outro. Comezou a xornada cunha igualada ante o Beerbarians –formación integrada por xogadores galegos de diferente procedencia–, para continuar despois cun triunfo ante o Old VRAC,s (2-1), o conxunto de veteranos do Quesos Entrepinares de Valladolid.
O terceiro encontro, que pechou o evento, finalizou cun triunfo da escuadra valisoletana ante o Beerbarians (2-0). Despois, chegou a esperada cea.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar