O San Ignacio vigués obtén unha prata e dous bronces en Murcia
loita cto. de españa
O club vigués San Ignacio obtivo o sábado un total de tres medallas no Campionato de España de loita, que se disputou no Centro de Alto Rendemento Infanta Cristina ubicado na localidade murciana de Los Alcázares. O evento realizouse sen público.
A preseas para a entidade olívica chegaron en loita libre feminina. Cristina Rodríguez rematou na segunda posición na categoría de ata 65 quilos, mentres que Uxía Garra (-57) e Vanesa Muíños (72 quilos) acadaron o bronce.
Uns resultados moi destacados para a entidade viguesa que desprazou ata Murcia a un total de seis competidores, ademais do árbitro internacional Marcos Araújo. Dentros das súas categorías, Rafael Álvarez rematou quinto, Elisabeth Rodríguez, sexta, e Pablo Fernández, sétimo.
No referente a toda a expedición de Galicia destacou a segunda posición obtida na clasificación xeral de loita libre pola Federación Galega. Unha prata colectiva, que estivo apoiada nun total de dez postos de podio con tres títulos. E que tamén serviu para obter a terceira praza na clasificación realizada para as mulleres.
Nerea Pampín (Keltoi, 68 quilos), Damián Iglesias (Touro, 86 quilos) e José Cuba (Vilalba, 125 quilos) foron os que subiron ó máis alto do podio. Ten especial mérito a vitoria de Cuba, que acumula coa vitoria en territorio murciano un total de dezaseis medallas de ouro en Campionatos de España absoluto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar