Tres traiñeiras vascas

campeonato de españa de traiñeiras

Meira e Tirán quedan fóra da final de hoxe na que Ares será a única representante de Galicia

redacción. vigo
Publicado: 04 ago 2019 - 03:09
Unha tarde solleira acompañou ás embarcacións durante toda a tarde de onte no campo de regatas de Meira, que acolleu as quendas preliminares do Campionato de España.
Unha tarde solleira acompañou ás embarcacións durante toda a tarde de onte no campo de regatas de Meira, que acolleu as quendas preliminares do Campionato de España.

O peirao de Meira ficou onte asulagado en decepción. Quen máis, quen menos, sabía que os botes vascos chegaban á Ría de Vigo para xogarse entre eles o Campionato de España. Pero, ó mesmo tempo, o siareiro moañés agardaba que algunha das súas embarcacións -Samertolameu, a anfitriona, ou Tirán, a eterna rival- pelexasen polo cuarto posto que daba acceso á final de hoxe ou, cando menos, deran a cara diante da súa xente. Non foi así.

Donostiarra gañou a primeira tanda, con Santurtzi segunda -penalizada con cinco segundos- e Ares, terceira, pero cun tempo que lle permitía acceder á regata definitiva. Na segunda quenda, a das moañesas, Zierbena venceu sen oposición. Tras ela, Vilaxoán. Logo, nos dous últimos lugares, entraron os barcos locais, penúltimo Samertolameu e, afundido na última posición, Tirán Pereira.

Para a final de hoxe (11:00) clasificaban as gañadoras de cada quenda e os dous mellores tempos. Iso propiciou que tres botes da tanda inicial pasasen. Donostiarra fixoo (19:52.58) como gañadora grazas á penalización de cinco segundos a Santurtzi (19:55.80). Ares foi terceira (20:09.76) e será o único representante galego na final.

O será en canto a embarcacións, porque os vigueses Juan Zunzunegui e Jaime de Haz o farán a bordo da traiñeira de Zierbena, que onte gañou a segunda quenda e acadou o terceiro mellor tempo (20:05.72) para completar o trío vasco. Os outros tres botes fixeron peor crono que Mecos, última da primeira rolda. Vilaxoán (20:24.17) foi a segunda precedendo a decepción local: Samertolameu, penúltima da quenda e do día (20:29.02) e Tirán, moi lonxe, cun decepcionante 20:41.46. Ningún dos botes moañeses puido ser profeta na súa terra e hoxe bogarán na final de consolación.

Contenido patrocinado

stats