Unha vitoria ó espazo
segunda división femenina
O Sárdoma supera ó Olivo gracias a un puntapé de María Calvar na primeira metade e a velocidade de Ceci tras o intermedio
O partido confirmou o vivido durante a primeira volta. O Sárdoma é mellor equipo que El Olivo esta tempada, pero non existe a distancia que podría presumirse ó inicio do campionato tras marchar tódalas futbolistas da formación verde.
Onte, no campo das Relfas, no regreso de Toni Pazó á que foi a súa casa durante sete tempadas, a formación local superou á visitante con un gol de bela execución nunha mala primeira metade e cunha gran segunda parte para o protagonismo de Ceci.
Antes do descanso, o tanto local de María Calvar cun potente puntapé dende fóra do área foi o de maior intérese e case o único porque o Sárdoma tentaba ataca, sen precisión, e as olivas defendían con acerto.
Xa no segundo tempo a velocidade de Ceci mudou o partido. Desbordou ata en media ducia de ocasións, algunha en fóra de xogo e outras en posición legal, para recoller pases en profundidade das súas compañeiras. Dúas delas finalizaron con tantos da extremo e otras dúas estiveron moi preto de superar a Ainoa. Unha futbolsita determinante que pasou varios meses sen entrar no equipo branquiazul. Cousas do fútbol.
Nos últimos minutos chegou o gol de Moni tras un bo desborde de Nati. Foi a honra visitante nun partido no que gañou o mellor.
Sárdoma:
Sara; Mayra, Iria (Ani, min. 80), Vicky, Patri (Marta, min. 62); María Calvar, Celina (Yaiza, min. 72), Xeila Márquez; Ceci (Sara Vázquez, min. 80), San e Tania.
Olivo:
Ainoa; Sara, María, Galarza, Tamy, Silvia Simoes 'Haussen' (Cynthia, min. 66), Raquel (Lisa, min. 66), Inés Faro, Ángela (Marta, min. 58), Alba (Moni, min. 73) e Nati.
Goles:
1-0, min. 13: María Calvar; 2-0, min. 62: Ceci; 3-0, min. 78: Tania; 3-1, min. 90: Moni.
Árbitro:
Sofía Gándara. Amosou cartón amarelo á local San.
Incidencias:
Partido correspondente á Segunda División Feminina xogado no campo das Relfas. Uns 100 espectadores.
Contenido patrocinado
También te puede interesar