Unha xornada de carreiras entre a herba e con chocolate

atletismo

O cross de San Miguel de Oia estivo marcado pola choiva e a masiva presencia dos cativos das categorías inferiores

j. c. VIGO deportesad@atlantico.net
Publicado: 13 feb 2017 - 10:12
As categorías femininas de menores tiveron unha gran participación.
As categorías femininas de menores tiveron unha gran participación.

Un cross é correr pola leira, soamente que nun trazado delimitado por unhas cintas e uns paus. En San Miguel de Oia o céspede mantén un bo aspecto aínda que onte tivo un punto de lameiro debido a choiva da primeira hora da mañá, que mollou a cadetes, xuíces e delegados que recollían dorsais porque todos facían o seu papel nunha pequena tolemia que é unha cita con ata catorce carreiras. Para comezar unha tiña que rematar a anterior e así uns quecían mentres outros remataban o seu esforzo. Os organizadores movían as citas para variar o trazado e adaptalo a súa distancia. Decenas de rapaces e, para rematar a xornada, chocolate quente, empanadillas e rosquillas.n

Contenido patrocinado

stats