Vitoria do "Noticia"

vela semana abanca

A embarcación de 'Pichu' Torcida fíxose co primeiro posto na clasificación xeral e o "Abril Verde" conquista a categoría Corinthian

redacción. vigo
Publicado: 05 oct 2020 - 02:19
A tripulación do "Noticia" recolle o premio de gañador.
A tripulación do "Noticia" recolle o premio de gañador.

A Ría de Vigo albergou onte a terceira e última xornada do Open de España de J70, que se enmarca dentro da Semana Abanca de vela. O evento rematou coa vitoria para o barco cántabro "Noticia", do coñecido regatista Pichu Torcida, que cimentou o seu triunfo nunha notable regularidade xa que, despois de nove mangas disputadas, non baixou da cuarta posición en ningunha delas. Acumulou 17 puntos e a principal loita quedou en coñecer as posicións do podio. Finalmente, o "Patakin" mallorquín rematou segundo con 35 puntos e o "Eurofrits-Aviko" foi terceiro (36), mentres que o "Marnatura 1" vigués caiu ata a cuarta posición (38).

Triunfo para o "Abril Verde"

Ademais da clasificación xeral, quedaba por resolverse a de Corinthian, que distingue os barcos completamente amateur e, nesta categoría, acadou a vitoria o "Abril Verde" de Luis Pérez Canal.

Unha vez máis, o barco con grímpola do Náutico de Vigo loitou coas embarcacións con regatistas profesionais e finalizou na novena posición da clasificación xeral e na primeira da súa categoría. Pola súa banda, o "La Guardia & Moreira", de Gonzalo Araújo, foi décimo, tras unhas primeiras mangas con avarías que lastraron a súa clasificación xeral, pese a rematar con bos postos.n

Contenido patrocinado

stats