Os ciclistas da burbulla non perden o humor

vuelta a españa

As medidas contra o coronavirus marcan o inicio de Mos con invitados e sen púbico

jorge castro. mos
Publicado: 06 nov 2020 - 01:14
Os ciclistas comezaron a etapa nas inmediacións do Pazo de Mos tras pasar o control de sinaturas.
Os ciclistas comezaron a etapa nas inmediacións do Pazo de Mos tras pasar o control de sinaturas.

Unha saída da etapa dun acontecemento como a Vuelta a España é un acto máis social e institucional que deportivo. Habitualmente, nunha tempada común, é un evento onde os representantes institucionais tratan de facerse o maior número de fotos posibles, tentan falar con algúns ciclistas e amosarse próximos ós afeccionados. Estes seguidores, lonxe de interesarse polos dirixentes, acostuman a percorrer autobuses, corredores habilitados e camiños en busca dunha camisola de promoción, unha gorra, unha sinatura das estrelas do momento, que agora son Valverde, Roglic e Carapaz, ou calquera outro elemento para o recordo.

Onte, o coronavirus matou as carreiras, os momentos do autobús e os ciclistas serpenteando entre os seguidores. Mantívose toda a cerimonia protocolaria con Nidia Arévalo, a alcaldesa do lugar, en todos os instantes da fotografía que incluíu a homenaxe ó corredor predilecto, Óscar Pereiro (gañador do Tour 2006). E, tamén, unha serie de invitados ó 'punto de encontro' que andaban con tacto para evitar un momento de relaxación no medio da pandemia. Entre tanta precaución, o que non parecía trocar era o bo humor dos ciclistas. Circulaban rampla arriba e abaixo para ir ó control de sinaturas sen sinaturas, á zona mixta e percorrer as inmediacións do lugar para os invitados. Un dúo de rapazas foron as estrelas dos 'selfies' a distancia, mentres os ciclistas como Roglic, Carapaz, Carthy ou Dan Martin paraban para posar tras dúas liñas de valado.

Son as cuestións da burbulla do coronavirus, que afastan as persoas, pechan os bares, propáganse as máscaras, converten o xel hidroalcohólico nun ben de primeira necesidade e obrigan ós seguidores e corredores a manter máis separación da aconsellable. Non é a mellor saída, pero é a única posible.n

Contenido patrocinado

stats