Rumbo ás rúas de Austria
ciclismo tour de austria
O moañés Delio Fernández completou a súa preparación subindo portos en Manzaneda
Ociclista moañés Delio Fernández participará dende o vindeiro sábado no Tour de Austria, proba para a que se estivo preparando durante tres días na estación de Manzaneda tras tomar parte a pasada semana na Route d'Occitanie, o Mont Ventoux e o Tour de Luxemburgo, que el describiu como "unha montaña rusa de sensacións. Algúns días ía un pouco mellor, outros bastante mal." Destaca de todas estas participacións a súa escapada na última etapa de Luxemburgo, na que o colleron a tan só 200 metros da meta despois de marchar os últimos quince quilómetros en solitario.
A preparación de Fernández para a carreira austríaca consistiu en tres días nos que completou 340 quilómetros en total, chegando a facer incluso 3000 metros de desnivel positivo nunha das xornadas. A idea, segundo o propio Delio, era "facer uns adestramentos aproveitando as condicións que nos ofrece a estación de montaña, con portos longos, e adaptarse aos esforzos en altura." En consecuencia, o moañés subiu múltiples veces Cabeza de Manzaneda e A Moa –un porto moi duro, de 8 quilómetros e un 8,3% de desnivel medio e múltiples tramos por riba do 10%–.
Delio asegura que "estes meses de verán son nos que mellor me sinto e a preparación vai encamiñada a eles", por iso afrontará con confianza o Tour de Austria, proba que xa coñece ben porque xa a disputou máis dunha vez, quedando segundo en 2017, aínda que se podería converter nunha vitoria ao estar investigado por dopaxe o austríaco Stefan Denifl, gañador ese ano. Fernández confesa que "non lle dou moitas voltas" a ese asunto pois, "como di o refrán: pasou o día, pasou a romaría".
Despois da súa aventura por terras austríacas Delio planea correr dúas clásicas españolas como Villafranca de Ordizia e Getxo para logo disputar a Volta a Burgos. "Creo que se poden dar oportunidades para intentar loitar por algunha vitoria e son carreiras que sempre presentan bo cartel, polo que é bastante difícil", comenta.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Eurocopa 2024
Dennis Eckert va con mamá en la Eurocopa
Eurocopa 2024
De la Fuente: “El partido era de ocho o nueve a uno”
Mundial 'pitch&putt'
Desde Vigo con Amor en el Mundial de 'pitch&putt'