Coren lanza unha campaña que promociona os alimentos galegos

economía

Resaltar o compromiso e a vinculación do Grupo Coren con Galicia, onde leva traballando dende hai 55 anos, é o obxectivo da nova campaña corporativa que ven de por en marcha a cooperativa presidida por Manuel Gómez-Franqueira.

redacción. vigo economia@atlantico.net
Publicado: 04 jun 2017 - 04:06
Captura do anuncio de Coren no que resalta os productos galegos.
Captura do anuncio de Coren no que resalta os productos galegos.

A través desta campaña, o Grupo Coren quere resaltar o seu carácter próximo aos consumidores, acercando á sociedade galega os seus valores de tradición, calidade, benestar animal e respecto polo medio ambiente; a súa dimensión como unha das principais cooperativas agroalimentarias do país cunha estrutura de máis de 6.000 familias e 22 industrias repartidas por toda Galicia; e os seus produtos, elaborados sempre coa máxima calidade e de orixe 100% galega.

É por iso que o Grupo puxo en marcha esta nova campaña corporativa a través da que transmitir estes valores e que se desenrola nos diversos medios de comunicación no mes de xuño, coa emisión dunha publirreportaxe sobre a súa actividade, spots, insercións en prensa ou unha campaña online, entre outras accións.

A campaña terá unha ampla difusión, co obxectivo de achegar Coren a toda a sociedade, para que podan coñecer mellor a actividade e produtos do grupo, ademais da súa vinculación con Galicia..n

Contenido patrocinado

stats