A igualdade laboral, no Día da Clase Obreira

economía

O Día da Clase Obreira Galega reuniu onte a centos de persoas en Galicia convocadas polos principais sindicatos para defender dereitos sociais e laborais e de igualdade e as reivindicacións feministas tamén foron protagonistas.

Manifestación celebrada onte pola CIG en Vigo, que partiu de Gregorio Espino.
Manifestación celebrada onte pola CIG en Vigo, que partiu de Gregorio Espino.

Ferrol foi o punto central da celebración do 10 de Marzo recordando un ano máis a morte dos dous traballadores da antiga Bazán (Amador e Daniel) durante a loita de 1972.

En Vigo tamén houbo marchas como a impulsada pola CIG e que contou coa presenza de membros do BNG como o candidato á Alcaldía de Vigo, Xabier Pérez Igrexas. Baixo o lema "Recuperar dereitos para avanzar", a central nacionalista pediu que se deroguen as reformas laborais e as políticas "porque cada día que pasa medra a precariedade e continúa a perda xeneralizada do poder adquisitivo da clase traballadora galega".

CC OO e a súa fundación concederon este ano os Premios 10 de Marzo a Tensi Álvarez Folgar, Melchor Roel Rivas (con carácter póstumo) e Xan López Facal nun acto en Ferrol.n

Contenido patrocinado

stats