A comunidade universitaria ponse ao día en “dereito ultraterrestre”
UNIVERSIDAD
Dereito ultraterrestre, diplomacia espacial, Axenda Espazo 2030... estas foron algunhas das cuestións sobre as que xirou a conferencia que o pasado venres impartiu Juan Manuel de Faramiñán Gilbert, un dos maiores expertos españois nesta materia, ao alumnado das facultades de Ciencias Xurídicas e do Traballo e Dereito e que foi retransmitida a través de UVigoTv, dado o interese destas cuestións para a comunidade universitaria en xeral.
Presentouno a Belén Sánchez Ramos e moderou o debate posterior Laura Movilla, profesoras ambas da Área de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais. Catedrático emérito da Universidad de Jaén; director emérito das Redes de Universidades Latinoamericanas e do Caribe sobre Políticas, Tecnoloxía, Ciencia e Dereito do Espazo Ultraterrestre (ReLaCa Espacio) e árbitro da Corte Permanente de Arbitraje de La Haya en materias de espazo ultraterrestre, de Faramiñán Gilbert fixo fincapé na súa intervención en que a día de hoxe a diplomacia espacial vaise desenvolver, sobre todo, no seo do COPUOS, a Comisión sobre a Utilización do Espazo Ultraterrestre con Fins Pacíficos, posta en marcha en 1959 como un órgano subsidiario da Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas. “Este organismo segue sendo o centro da gobernanza mundial das actividades no espazo ultraterrestre”, salientou o experto, quen forma parte deste órgano como representante asesor do goberno español, ao tempo que loou a ampla variedade de membros que compoñen as súas comisións, “algo fundamental para o intercambio de experiencias e para xerar entre todos unha maior sinerxía”.
Firme defensor de que o espazo ten que ser motor do desenvolvemento sostible, o experto avogou porque o obxectivo debe ser implicar nesta cuestión ao maior número posible de estados, “sexan ou non países desenvoltos, xa que o máis importante é conseguir unha alianza espacial mundial polo desenvolvemento sostible”, e insistiu no libre acceso ao espazo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar