“O foro será de xeito virtual, o que pode ser unha oportunidade para atraer empresas”

LAURA ANDRÉS HERGUEDAS Coordinadora xeral XXI Foro Tecnolóxico de Emprego

ANA fuentes. VIGO
Publicado: 23 nov 2020 - 00:40
Laura Andrés leva tres anos en Foro Tecnolóxico, agora é coordinadora xeral.
Laura Andrés leva tres anos en Foro Tecnolóxico, agora é coordinadora xeral.

nnn Laura Andrés Herguedas (Vigo, 1997), Grao en Enxeñaría da Enerxía e que cursa Máster en Enxeñaría de Minas, está ao fronte da nova edición do Foro Tecnolóxico de Emprego como coordinadora xeral, que organizan cada ano os alumnos da Universidade de Vigo.

Estar ao fronte do Foro Tecnolóxico, unha das feiras de emprego con máis reputación e organizada por estudantes, é todo un reto este ano.

Vai ser todo un reto e seguro que implica algunha que outra noite sen durmir, pero penso que é unha experiencia única e unha oportunidade para coñecerse a unha mesma. Este vai ser o meu terceiro ano na coordinación deste evento e o meu obxectivo é transmitir ó meu equipo que cada unha de nós é unha peza clave para o desenvolvemento do Foro. Co traballo en equipo, sendo responsables e aportanto o noso gran de area chegaremos a marzo coas tarefas ben feitas. Penso que a seguinte frase que lera nun libro hai tempo resume ben o espírito de Foro “valor se hace y con fuerte voluntad todo se consigue”.

O Foro é sempre en marzo. Mantense a data?

Si, a nosa intención é manter as datas habituais. Xa estamos na vixésima primeira edición e sempre realízase en marzo, así que non imos deixar que a nova actualidade afecte á realización deste evento.

Que cambiará con respecto a outros anos?

Non queda outra altenativa que darlle unha volta ó formato. Foro caraterízase por ser un punto de encontro entre o alumnado e as empresas e así seguirá sendo, aínda que nesta edición sexa dun xeito virtual. Foro é un evento vivo, no que cada ano apréndese do anterior e o obxectivo desta edición é manter a súa esencia, que non é outra que aunar a profesionalidade coa que organizamos o evento co espírito novo da xente que o fai posible. O Foro Tecnolóxico de Emprego é un evento creado polo alumnado para o alumnado e non podemos perder este carácter, posto que é o factor que nos diferencia.

Dende a Universidade, deron algunha indicación especial para a organización coa pandemia?

A Universidade de Vigo ten o seu propio protocolo covid. Aínda estamos pechando as propostas para esta nova edición, polo que é algo cedo para contactar con Reitoría, pero apostamos por un Foro 100% virtual para garantir as condicións de hixiene e seguridade que marca o Protocolo Covid. E xa se verá como evoluciona esta nova normalidade na que nos atopamos.

Que cambios se introducirán?

Este ano apostamos por un formato virtual, que semella ser o novo patrón que seguirá este tipo de eventos. Se ata agora a actividade de Foro centrábase en actividades nos halls das Escolas de Enxeñaría e nos programas de conferencias e workshops de maneira presencial, imos trasladar toda esa actividade a formato on-line.

Con respecto ás empresas, terán algunha proposta diferente para que manteñan a súa presenza?

Atopámonos traballando nisto: buscando propostas e alternativas para que as empresas queiran seguir participando neste evento e que se unan moitas máis. Pensamos que o carácter virtual desta nova edición non é un problema, senón unha oportunidade para que o factor desprazamento non sexa un inconvinte e así atraer a empresas que nun formato presencial non poderían acudir. n

Contenido patrocinado

stats