Núñez Feijóo pide o voto para ter un goberno que sexa 'serio'

Elecciones 26-J

Os populares de Ourense encheron o Auditorio carballiñés nun mitin no quinto día de campaña

redaccióN carballiño
Publicado: 15 jun 2016 - 13:34
Miguel Ángel Viso, Alberto Núñez Feijóo, Manuel Baltar, Argimiro Marnotes e Ana Belén Vázquez e Miri Barreira.
Miguel Ángel Viso, Alberto Núñez Feijóo, Manuel Baltar, Argimiro Marnotes e Ana Belén Vázquez e Miri Barreira.

nnn O salón de actos da Casa da Cultura de Carballiño foi insuficiente para acoller aos numerosos asistentes ao mitin do Partido Popular, no que interviron o presidente do PPdeG e da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o presidente provincial, Manuel Baltar; e o candidato por Ourense ao Parlamento, Miguel Ángel Viso. Núñez Feijóo, fixo un chamamento á reflexión para que España teña un goberno "serio", sinalando que os tres candidatos xuntos, Pedro Sánchez, Albert Rivera e Pablo Iglesias "non dan un goberno alternativo ao PP". O presidente incidiu nalgúns dos obxectivos como a baixada de impostos, crear dous millóns de postos de traballo ou garantir a estabilidade das pensións.

Manuel Baltar defendeu uns servizos sociais que respondan ao reto do envellecemento demográfico e inalou que "somos o partido da moderación e dos resultados", engadindo que "queremos seguir na senda da recuperación económica". Mentres, Miguel Ángel Viso, amosouse convencido de que o 26 de xuño "imos demostrar que podemos transformar Ourense, Galicia e España sen necesidade de rachar con nada”. n

Contenido patrocinado

stats