O PPdeG defende o "continuismo" na acción do Goberno galego
SESIÓN DE INVESTIDURA
nnn O voceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, replicou ás peticións da oposición de acometer cambios na acción de goberno de Galicia que "a maioría social" que apoiou o seu partido o pasado 25 de setembro "non entendería" que agora o goberno "non sexa continuista". Precisamente, na súa intervención ante a Cámara no debate de investidura de Feijóo, reivindicou "o continuismo" na baixada do paro e a suba da taxa do crecemento, entre outros indicadores. Fronte a iso, recomendou á oposición actuar no relativo ao "seu continuismo", porque, ao seu xuízo, "se un grupo ten que cambiar, non é o que ten a maioría", senón "os derrotados".
Instou ao grupo "populista" da oposición, En Marea, a reconducir as súas mensaxes, á vista de que non tiveron eco entre a cidadanía. "Non callou o conto de que o PP está para aniquilar os galegos", proseguiu Puy Fraga, crítico coa estratexia de cuestionar a "predisposición para buscar o ben común" do seu partido e presentalo como unha organización "cunha maldade intrínseca".
Así é que lle aconsellou "saír dese discurso" de "bos contra malos" que "non trae nada bo" nin para Galicia nin para En Marea, pois os cidadáns "non creen" nel. "Respectémonos como adversarios, como fixo Feijóo con vostedes", demandou. n
Contenido patrocinado
También te puede interesar