Así é o cartel das Festas do Carmen de Moaña 2024

Verbena

A nova comisión de festas aposta por ofrecer unha programación cultural para tódolos públicos intentando abarcar diferentes xéneros musicais

Público gozando dunha verbena.
Público gozando dunha verbena.

As Festas do Carmen de Moaña 2024 anuncian a súa programación, que será do 12 ao 16 de xullo. Este ano hai unha nova comisión de festas, formada por xente moza con ideas frescas. A nova xestión, opta por ofrecer unha programación cultural para tódolos públicos intentando abarcar diferentes xéneros musicais.

Como indica o seu presidente Pablo Aspas, empresario do sector da industria musical e socio de dúas productoras de eventos coma Volea World e Leitmotiv Producciones, buscaban refrescar unha programación baixo o seu criterio, algo obsoleta no formato.

Venres 12: Terra Festival: Enfocado no público máis de rock, ska, punk ou indie… formato que naceu o ano pasado e que este ano se integrará na programación das Festas. Contará con Terbutalina, Lontreira, a banda local Fuss e ata Dj Vidal como peche da noite.

Sabado 13: La Edad de Oro del Pop Español, un percorrido por todas esas cancións que acompañaron a tantas xeracións ao longo destas décadas. E como peche de noite, amenizarán dous djs locales. Ata que o corpo aguante.

Domingo 14: O grupo La Conexión estará en Sesión Vermú e na verbena nocturna acompañando a Orquesta Miramar

Luns 15: Mambo Festival: Un evento con varios anos de traxectoria enfocado a un público xuvenil, con actuacións de diferentes djs nacionais e locais.

Martes 16: A Orquesta Magos despedirá esta edición das Festas do Carmen xunto ao trío Tic Tac. A banda de Música Airiños do Morrazo amenizará a programación relixiosa e a procesión na honra da Virxe do Carme.

Contenido patrocinado

stats