Visita institucional da Xunta a Pazos de Borbén
redondela
A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantivo onte un encontro co alcalde de Pazos de Borbén no marco da rolda de visitas institucionais que está a facer tras o seu recente nomeamento.
A nova representante autonómica tivo así a oportunidade de repasar co alcalde, Andrés Iglesias Rodríguez, e a tenente de alcalde desta localidade, Eloisa Nogueira, os temas relacionados coa Administración galega.
Ao igual que fixo nas anteriores citas coa alcaldesa de Salvaterra do Miño e o seu homónimo en Fornelos de Montes, a representante autonómica tendeulle a man como interlocutora co executivo de Alberto Núñez Feijóo no marco desta política e xestión de proximidade.
Esta foi unha primeira toma de contacto dende que a delegada da Xunta tomara posesión do seu cargo ao fronte da entidade autonómica en Vigo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar