Afundación pasa do millón de persoas como beneficiarios

Sociedad

O plan de actuación para o vixente exercicio de 2017 conta cun orzamento de 24 millóns de euros

axencias santiago
Publicado: 29 jun 2017 - 14:10
Afundación pasa do millón 
de persoas como beneficiarios
Afundación pasa do millón de persoas como beneficiarios

O Padroado de Afundación aprobou onte as contas anuais de 2016, que rexistran unha mellora do 68 por cento con respecto ao exercicio precedente e unha redución de déficit de 19 a 6,2 millóns de euros. Con Abanca como único mecenas, a entidade avanza no seu redimensionamento eficente para garantir a súa sostibilidade económica cara ao equilibrio orzamentario. Así, o plan de actuación para o exercicio de 2017 conta cun orzamento de 24 millóns de euros.

Deste xeito, segundo destaca a entidade nun comunicado, Afundación "consolídase en 2016 como a primeira institución privada sen ánimo de lucro en Galicia", pola súa repercusión tanto no tecido social como no cultural, "con máis dun millón de persoas como beneficiarias dos proxectos e actividades".

"Afundación é un promotor fundamental para o avance social e cultural de Galicia, ademais do principal axente de responsabilidade social corporativa da primeira entidade financeira galega, Abanca. Desde os seus obxectivos colabora co desenvolvemento das persoas ao longo da vida, estimulando a capacidade de aprendizaxe, a reafirmación dos comportamentos éticos e estéticos e a autorrealización persoal", subliña Miguel Ángel Escotet, presidente da entidade.

No ámbito da Educación Superior, destacou o impulso do Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (Ieside), que no seu primeiro ano formou a máis de 3500 estudantes e subscribiu acordos de colaboración coa University of International Business & Economics, a Beijing International Studies University e a Istanbul Aydin University, que se suman aos deHaute École de Genève, Regents University of London, Dublin Business School ou Georgetown University. Tamén no ámbito educativo asináronse 60 convenios de formación coas principais empresas e organizacións empresariais galegas e outorgáronse 82 bolsas de excelencia académica co obxectivo de brindar unha educación de elite.

Contenido patrocinado

stats