Bruno Arias: "Trala película quedei en paz coa miña relación con Xela"

O cineasta vigués Bruno Arias presenta o documental “Os espazos en branco” centrado na súa tía Xela Arias

Bruno Arias, no set de Atlántico TV.
Bruno Arias, no set de Atlántico TV.

Bruno Arias (Vigo, 1998) presentou no set Atlántico TVOs espazos en branco”, o documental que estreou no festival Cineuropa e que aborda a memoria da súa tía, a poeta Xela Arias (Lugo, 1962-Vigo, 2003), a quen lle adicaron as Letras Galegas en 2021.

É algo máis cunha cinta sobre Xela Arias?

Máis que sobre a personaxe pública, fala da persoa, do que significou na miña vida. Morreu cando tiña cinco anos e non cheguei a coñecela. Aquí abordo a miña relación con ela.

Polas Letras Galegas falouse moito de Xela.

Saíron moitas cousas interesantes, incluso para esta película, pero como sobriño quería facer algo máis persoal. Non tiña sentido facela dende outra. Aínda que non foi a idea inicial, era inevitable amosalo de maneira tan íntima.

Que significou na súa traxectoria?

É a miña familia e un referente familiar antes que nada, despois un personaxe cultural. Dende novo tanto ela como o meu avó Valentín foron un exemplo. Conforme medraba, falábanme da miña tía na casa e fóra polo feito de ser da miña familia. Foi unha persoa importante para min, pese a non coñecela. Esa é a contradición da película.

Amais dunha parte ficcionada, a película conta testemuños da familia. Como acolleron os seus esta iniciativa?

Viñan moi rodados do ano das Letras Galegas, cunha preparación previa. Dende o comenzo souberon que era algo especial, acompañáronem e apoiáronme, contándome cousas e dándome obxectos.

Fronte as Letras de Valentín e Xela, optou polo audiovisual.

Para min está todo relacionado e seguro que para a miña tía tamén. Se fixen audiovisual en parte foi porque tiven a sorte de ter un referente en cultural na miña casa. Non concibo unha película se non hai tamén un guión poético e sen escoitar música. Todo ten que ver.

Cal é mensaxe que lle gustaría deixar?

Moitas mensaxes e unha moralexa, non se pode coñecer a alguén dunha soa maneira. Trala película quedei en paz coa miña relación con Xela, coñecéndoa a través doutras persoas.

Coñece mellor a súa tía?

Se entendemos coñecer como achegarse a alguén de xeito emocional. Quédame a dúbida de como sería a miña relación con ela. Aprendín moito a nivel biográfico, pero sobre todo emocional. Souben que aínda que alguén non estea pode ser útil como referente e como persoa.

Contenido patrocinado

stats