Cris Pavón: "As administracións teñen que facer un esforzo para coidar a lingua"
"Empecei tarde a miña carreira literaria e xa non é rentable, pero disfruta moito da escritura"
Cristina Pavón (A Coruña, 1962) considérase viguesa de adopción despois de 20 anos residindo na cidade. Presentou o xoves o seu novo libro, “Eva e Lucy”, co que busca dar unha imaxe sobre as diferentes vivencias de nai e filla, e os seus pensamentos tan equidistantes. Profesora de informática, tivo na novela “Limiar da conciencia” un éxito, conseguindo varios galardóns nas categorías de relato curto e sendo finalista nos premios Xerais.
Nai e filla, tan diferentes son os seus camiños en “Eva e Lucy”?
Bastante. O eixo da novela trata sobre o reencontro entre elas. Pódese dicir que non é desexado. Por orientación ou ideoloxía, chocan moito, e sobre todo cando a nai sufre un deterioro cognitivo froito da idade. Ante esa situación, a filla faise cargo, pero esa relación ven moi tensa polos coidados que necesita. Penso que iso debería estar máis socializado, non debería ser tan feminizado. Sempre cae do lado das mulleres. Tamén chocan nos puntos visuais. Unha céntrase na relixión, mentres que outra guíase máis pola ciencia.
Todo iso na contorna de dúas cidades importantes de Galicia como Santiago e Lugo.
Sobre todo na primeira cidade. Alí e onde traballa a filla. Santiago ten esa mestura onde vive a relixión co Camiño de Santiago e o coñecemento científico, coa primeira universidade galega. Aínda que agora cada unha vai polo seu lado. O Camiño xa non é aquela cousa devota, senón tira máis o turístico. O criterio relixioso xa está desvirtuado. A nai móvese de Lugo a Santiago, e iso fai que a filla teña que compatibilizar o traballo co seu coidado.
E iso crea momentos tensos entre elas.
Ten de todo. Momentos tensos, pero tamén de reconciliación. Xa non existe a idea de que a nai ten que ser perfecta, o traballo do feminismo foi quitando eses arquetipos tan patriarcais. Hai problemas entre elas, e obvio, pero tamén reflexionase sobre a idea de falar as cousas. Pero esas que custan dicir, que son as que abren as mentes. Cando a memoria da nai esvaécese, custa moito más.
Como nace en Cris Pavón a paixón por escribir?
Coma creo que case todos os escritores. O levas dentro, aínda que o de empezar a publicar chegoume tarde. Sempre fun lectora, case como se fose un recurso da memoria, sen intención literaria. Veume unha situación vital que fixo que tivese moitas gañas de escribir. Pero boto moitas horas. Investigar, documentarme, a lectura previa…e isto non o tomo como unha carreira literaria. Como dixen, empecei tarde e xa non é rendible. Pero todo ese proceso gozo un montón. Cando algo góstame, escribo sobre iso.
Acadou premios como o de Relato Curto de Noia ou finalista dos premios Xerais en 2009. Dáslle importancia?
Si claro. É un incentivo importante. Aínda que prefiro as abalanzas de determinados escritores os que lle tes estima. Unha opinión favorable de xente a que aprecias é o mellor dos premios. Os outros serven para facerche visible, pero prefiro os outros.
Escritora en galego. Cal é a saúde da lingua?
Non podemos permitir que se perda a lingua. Se non está viva, queda nos arquivos poeirentos. As administracións teñen que facer un esforzo para coidala, como se fai coas rías ou co ecosistema. O mundo vese dunha óptica distinta segundo a lingua que fales, e temos que gozar dela.
Contenido patrocinado
También te puede interesar