Alumnas do IES Carlos Casares, guías por un día na ruta do escritor
vigo
o percorrido iniciouse na sede de galaxia na alameda para terminar na fundación carlos casares na rúa oporto
nnn Alumnas de segundo e terceiro da ESO do instituto Carlos Casares foron onte as guías nunha ruta polo centro da cidade nos lugares que marcaron a vida e a obra do escritor do centro que leva o seu nome. O paseo literario estivo organizado pola Concellería de Normalización Lingüística.
O percorrido inicouse na Alameda, esquina coa rúa Reconquista, onde está a sede da editorial Galaxia. Os participantes seguiron a ruta ata chegar a Urzaiz 18, onde estaba o antigo café Goya, para seguir ata a Fundación Penzol na praza da Princesa, despois Marqués de Valladares 8 esquina con Álvarez Blázquez, onde estaba o antigo hotel Nilo, Marqués de Valladares 20 onde vivíu Álvaro Cunqueiro, para seguir polo Paseo de Cánovas del Castillo ata chegar ó Náutico á zona do monumento a Verne. O percorrido rematou na rúa Oporto, onde está a Fundación Carlos Casares.
Nesta actividade as alumnas do IES Carlos Casares puideron mostrar ás persoas que se interesaron polo percorrido os seus coñecementos sobre o escritor e a súa vida cotía na cidade na que vivía. n
Contenido patrocinado
También te puede interesar