Ana Pontón asegura que o BNG non renuncia a nada o 28A
ELECCIONES 28 A
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón instou onte en Vigo ás persoas que aínda non teñen decidido o seu voto, que lle queren a Galiza, e están preocupadas polo avance “dunha dereita extrema, cavernícola e antigalega” a optar polo BNG e non renunciar a nada o 28A. A nacionalista subliñou que a papeleta do BNG permitirá devolver a voz a Galiza no Congreso dos deputados e evitará que Ciudadanos e Vox acaden escano polas circunscricións galegas.
“Estámoslles a disputar os escanos en A Coruña e en Pontevedra, e a papeleta do BNG é a clave para que esa dereita vexa como dende Galiza somos un muro de contención fronte ás políticas involutivas, de regreso ao pasado, de crispación e de medo”, dixo, animando á mobilización do electorado para non perder un só voto en defensa do país e das políticas verdadeiramente de esquerdas sumando forzas no BNG.
Pontón destacou que mañá non é un día para ir a votar “por medo ou pola política do mal menor”, senón un día para votar con ilusión, con confianza en Galiza, “acreditando no que podemos facer como país e sendo conscientes de que nos xogamos moito”. Insistiu en que o Congreso vai estar conformado por representantes de forzas vascas, catalás, valencianas ou canarias, nun momento histórico excepcional no que Galiza tamén debe ter voz propia. “Quen pode garantir a defensa dos intereses deste país sen subordinacións nin ataduras, quen pode garantir freo á dereita carca e cavernícola é o Bloque Nacionalista Galego”, subliñou.
Pola súa banda, a cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Carme da Silva, salientou no reparto-ruada no Calvario que “se para Galiza é imprescindible estar no Congreso, para Vigo é vital porque moitas das cousas que se está a xogar a cidade para o seu futuro estanse a xogar nas Cortes do Estado”.
Animou a quen non teña o voto decidido “a que o pensen ben, que o pensen coa cabeza posta en Vigo e en Galiza, e que voten BNG porque freará á dereita carca, e fará auténticas políticas de esquerda”.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar