"Auga seca" convirte unha vez máis a Vigo nun plató de rodaxe

Vigo

"Auga seca' so podería Ter acontecido en Vigo, a cidade é a protagonista e a nosa aposta é por en valor o lugar onde acontecen os gritos".

Alfonso Blanco, director da productora coruñesa Portocabo presentou esta mañá en Vigo a nova co-producción galego-portuguesa // JV Landín
Alfonso Blanco, director da productora coruñesa Portocabo presentou esta mañá en Vigo a nova co-producción galego-portuguesa // JV Landín

Así, Alfonso Blanco, director da productora coruñesa Portocabo presentou esta mañá en Vigo a nova co-producción galego-portuguesa de ficción onde tamén colaboran a TVG, a RTP e a productora lusa Spi.

Ttátase dun thriller que se presenta en seis capítulos de 50 minutos, que se comezou a rodar en Cánido o luns pasado e que prolongarase oito semanas máis alternando sesións entre Vigo e Lisboa.

Blanco destacou a interese dunha rodaxe realista, polo que os actores expresaranse en galego e en portugués según onde transcurra a accións, sen doblaxes posteriores.

Involucra a un equipo técnico e artístico de máis de 150 profesionais, entre os que hai unha importante representación viguesa. No elenco figura Monti Castiñeiras e Sergio Pazos, pola parte galega e Victoria Guerra, pola portuguesa.

A serie nace cunha clara vocación internacional e xa se vendeu a países como Finlandia, Noruega ou distribuidoras para os países de Leste e América latina. Prevese que chegue as pantallas galega e portuguesa simultaneamente a comezos de Outono.

Contenido patrocinado

stats