O BNG di que non queren ser máis “nin tampouco menos”

Elecciones europeas 9J

Pontón: “O BNG é a candidatura que vai dar a cara pola xente deste país"

Ana Pontón e Ana Miranda, onte ante Stellantis Vigo.
Ana Pontón e Ana Miranda, onte ante Stellantis Vigo.

A portavoz do BNG, Ana Pontón, fixo un chamamento aos galegos a mobilizarse masivamente para “darlle a Galicia un escano de país en Europa da man do BNG, e que a súa voz sexa escoitada con forza en Bruxelas para defender os intereses do país, da súa xente o dos sectores produtivos”. “O BNG é a candidatura que vai dar a cara pola xente deste país, que vai defender que se poña fin ás discriminacións que sufrimos porque non queremos ser máis que ninguén pero tampouco menos”, proclamou Pontón, quen remarcou ademais que “na papeleta do Bloque collen todas persoas que levan a Galicia na cabeza e no corazón".

Da man de Ana Miranda e co apoio da xente do país, o BNG será a voz en Bruxelas que vele polos intereses de Galicia -salientou Pontón- fronte ás forzas estatais “que queren facer destas eleccións o campo de batalla das súas liortas madrileñas porque no fondo queren tapar a súa responsabilidade en moitas das políticas impulsadas dende a UE contrarias aos intereses dos galegos”.

Pontón e Miranda fixeron esta chamada a votar ao “equipo da casa” en Vigo, coa factoría de Stellantis de fondo, escenario que elixiron para poñer de relevancia o moito que se xoga Galicia en materia industrial, nun momento no que se están a distribuír os fondos para a recuperación económica.

Contenido patrocinado

stats