O BNG pide que Vigo sexa determinante para o cambio nas eleccións galegas

Elecciones gallegas 18F

Os candidatos vigueses do Bloque pecharon a campaña pedindo "facer realidade a mudanza na Xunta"

Ruanova, Fernández e González con Ana Pontón.
Ruanova, Fernández e González con Ana Pontón.

O BNG pide que a cidadanía de Vigo sexa determinante para que o cambio galego “sexa unha realidade” nas eleccións galegas. Fíxoo cun vídeo en redes sociais no peche da campaña no que participaron os integrantes vigueses da candidatura Alexandra Fernández (número 3 pola provincia), Carmela González (número 5) e Brais Ruanova (número 7), quen puxeron en valor o peso de Vigo para “facer realidade a mudanza na Xunta”.

Alexandra Fernandez chamou a “facer historia” con Ana Pontón como primeira presidenta do Goberno galego. A candidata nacionalista asegurou que vai ser decisiva unha masiva mobilización nas urnas este domingo: “Que ningún voto se perda”, apelaron dende a fronte nacionalista ás persoas indecisas.

Na derradeira xornada da campaña electoral, o portavoz municipal de Vigo, Xabier P. Igrexas, participou nun reparto nas Travesas no que se amosou “convencido de que Vigo vai dar o empurrón definitivo para desaloxar ao PP da Xunta”. O cabeza de lista pola provincia, Luís Bará, afirmou pola súa parte que a campaña foi “extraordinaria, chea de ilusión, de ganas e de entusiasmo de que pasen grandes cousas no país”.

Contenido patrocinado

stats