O BNG postúlase como a “candidatura dos galegos”
ELECCIONES 10-N
nnn A cabeza de lista do BNG pola provincia, Carme da Silva, asegurou onte no inicio de campaña que o Bloque “sae a por todas para colocar Galicia na axenda do Estado” tras o vindeiro 10-N, xa que “é a única candidatura de país que non ten obediencia a Madrid e que vai respostar ás necesidades da sociedade galega”. O Bloque non está no Congreso dende 2015
No BNG, como explicou a candidata, “afrontamos esta campaña con ilusión, confianza e con esperanza”. Coa ilusión, dixo, porque dende que quedaron ás portas do Congreso nas pasadas eleccións ata agora sumouse á moita xente que “nos traslada que temos que conseguilo porque é a única posibilidade de que a sociedade galega deixe de estar muda no Congreso”.
Da Silva instou á cidadanía a converter o cabreo polo ‘pasotismo’ das forzas políticas nunha oportunidade para dar o apoio ao BNG.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar