Caballero emplaza a la Xunta a abrir una etapa de diálogo y cooperación
Día de Galicia
En el Día de Galicia, el alcalde de Vigo señala que "queremos un nuevo escenario de acuerdos, con evidencias y cumplimientos" y reconoce las mejoras del Gobierno gallego en la ciudad. El rector Manuel Reigosa llama en su bando a que Galicia sea una "tierra de oportunidades" y empleo para que la juventud no emigre y para recuperar población
A sociedade viguesa volveu darse cita nos xardíns de Castrelos, convocados polo Día de Galicia con cinco xornadas de diferencia para non coincidir cos actos institucionais en Santiago. Reforzado nas urnas, Abel Caballero tomou a palabra para enviar unha mensaxe clara ao Goberno autonómico: “Quero formalmente emprazar á Xunta de Galicia a entender a mensaxe da cidade de Vigo, o que significa o avance e o empuxe desta cidade; queremos en Vigo que se inicie unha nova etapa nas relacións co goberno autonómico”.
Así, o rexedor invitou á Xunta a unha etapa de cooperación e avances “na que se recoñeza e se plasme en feitos o papel e a importancia de Vigo”, porque, asegurou “os cidadáns queremos un novo escenario de acordos con evidencias e cumprimentos”. E aí deixou a súa oferta: “se así fose, celebraríamolo e recoñeceríamolo”, apuntou.
Esta invitación do alcalde chega nun novo escenario, marcado, segundo Caballero, pola cooperación co Goberno de España, a Deputación provincial de Pontevedra e Zona Franca, todos do mesmo signo político, asemade da que tildou de “lealdade no proxecto” coa Universidade e co Porto de Vigo que “garanten un camiño único, nunca visto en Vigo”.
Recoñeceu as melloras auspiciadas pola Xunta como a estación de autobuses ou a Cidade da Xustiza, pero tamén sinalou o que considera lle “negaron a Vigo”, “a Caixa de aforros, o aeroporto, o partido xudicial, o hospital, a paralización da Área Metropolitana”.
Por outra banda, dende o Concello houbo outra proposta de colaboración á Universidade de Vigo, que cumple 30 anos e o seu reitor, Manuel Reigosa, pregoeiro vigués do Día de Galicia. Nun discurso, onde non faltaron as alusións culturais e á literatura, nen os logros de Vigo como cidade, Caballero afirmou que dende ambas institucións “debemos alentar e implantar maior presenza de estudantes e profesorado no ámbito urbano; atender a dimensión estratéxica da ampliación da propia cidade dunha universidade aínda nova”. Así, sinalou a ETEA ou o centro de Vigo: “Máis sinerxias, máis interacción, máis cooperación e máis universidade”. E insistíu no novo modelo de cidade que é Vigo baseada no diálogo permanente para avanzar en humanizacións, concertos, o anel verde, o solo industrial ou como referencia da FEMP: “Vigo é Galicia, Vigo respira Galicia”.
Na súa intervención, Manuel Reigosa fixo lectura do bando escrito co gallo do Día de Galicia e publicado o 25 de xullo. Como vigués, identificou á cidade co Sereo de Leiro “metade ser humano, metade peixe”. Destacou o carácter local, de cidade feita a si mesma “cun papel limitado das administracións públicas”. Nomeou a conserva, a construcción naval, a pesca conxelada e a propia universidade como “vagas que foron facendo progresar á cidade”.
Finalmente, Reigosa, coincidindo co alcalde, comprometeu o papel da Universidade para favorecer a creación de emprego. “Toca, neste momento, poñerse en pé e ofrecer ese futuro mellor, que permita a mocidade vivir en Galicia e atraer de novo aos fillos da emigración e recuperar poboación”.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar