Caballero: “Supón a acta fundacional de Vigo”

O RETORNO DAS CANTIGAS DE MARTIN CODAX

nnn O alcalde Abel Caballero tamén participou no evento máis importante da cidade dos últimos tempos. Despois de repasar o seu valor científico, sinalou que “o importante é a emoción que provoca ao situarse diante do pergamiño” e apuntou que “significa o nacemento de Galicia como entidade; supón a carta fundacional de Vigo”. Insistíu na “fondísima emoción que sentín como respresentante de tódolos cidadáns; forma parte da gran historia desta cidade, polo que hoxe é un momento solemne para os que sentimos Vigo, xa que é unha parte esencial”. Asemade, o rexedor sinalou que ante ese fito na historia local “hai que amosar recoñecemento a quen o merece de verdade, a Martín Codax, quen escribíu do seu mar, dende un lugar que podería ser este mesmo”, apuntou, referíndose a Alcabre, onde está o museo.n

Contenido patrocinado

stats