Carlos Casares en prosa, verso e teatro
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
A Asociación Cultural da Vila de Bouzas rendeu onte unha homenaxe ao literato arraigado a Vigo cunha selección de anacos da súa polifacética obra lidos por concelleiros e veciños e música tradicional galega
nnn A voz de Carlos Casares volveu onte a Vigo a través da súa obra. A Asociación Cultural da Vila de Bouzas (ACVB) celebrou onte unha homenaxe na alameda ao escritor vencellado a cidade na que participaron os veciños da zona, o alcalde e varios concelleiros. O acto serviu como reivindicación da lingua e da cultura galega, motivo polo que fai un ano naceu esta asociación.
O acto central, o máis aplaudido polos veciños, consistiu na lectura dunha escolma de fragmentosde Casares. O alcalde Abel Caballero foi o primeiro en intervir, e fixóo lendo o bando oficial do Concello redactado por Gustavo Adolfo Garrido, director da Fundación Carlos Casares, no que se recorda a relación do literato ourensán co mar de Vigo "que podía ter a grandeza da historia pero acáelle mellor a sinxeleza do traballo". Antes, o alcalde lembrou que el e o escritor ourensán foron amigos na Universidade de Santiago de Compostela nos anos da ditadura e como se posicionou na defensa da cultura galega.
Tamén interviron diferentes concelleiros vigueses. Ana Laura Iglesias leu un artigo de opinión de Casares sobre inmigración que lembraba o tráfico de personas en Portugal. Santos Héctor recordou o público o antetítulo da lei de normalización lingüística, que Carlos Casares axudou a redactar e Chus lago, un anaco do prólogo da traducción de "O Principiño" realizada por Carlos Casares. Uxía Blanco e Cayetano Rodríguez recitaron a dúo un poema de amor do autor ourensán que recolleu os aplausos do público.
Miguel Fidalgo pola súa parte leu un fragmento de "A Galiña Azul", unha das obras infantís más recoñidas de Carlos Casares e Margarida López levou o público unha escolma de "Un par de palabras".
A socia da ACVB Paz Cardoso, mestra de ceremonias, interpretou xunto a outra membro da asociación un anaco de "A laranxa máis laranxa de todalas laranxas", e dúas nenas veciñas da vila fixeron o menos con "A Galiña Azul".
Antes da interpretación destes fragmentos os nenos de Bouzas desfrutaron coa costrucción dun maio coa axuda dos adultos da asociación cultural, que foron quenes aportaron as plantas e flores.
Ao finalizar estes actos, o grupo de folclore arraigado a Bouzas Vellos Ventos, do que é membro o presidente da Asociación Cultural, puxo a nota musical a xornada musical cunha serie de canción tradicionais galegas.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar