O Castelo de Soutomaior xa se pode beber en albariño

redondela

16.000 quilos de uvas da explotación vitivinícola do Castelo, en poxa pública aberta pola Deputación.

REDACCIÓN. vigo diarioatlantico@atlantico.net
Publicado: 05 oct 2016 - 12:43
O Castelo de Soutomaior, que fora a casa de Pedro Madruga, é hoxe da Deputación.
O Castelo de Soutomaior, que fora a casa de Pedro Madruga, é hoxe da Deputación.

n n n A empresa gañadora da poxa aberta pola Deputación foi Quinta das Eirás, que ofertou un prezo por quilo de 1,32 euros. Trala recollida e entrega de 15.818 quilos de uva albariña procedentes da explotación do Castelo, a institución provincial recibirá 20.892,41 euros. Estes 15.818 quilos supoñen un incremento de máis de mil quilos en relación coa colleita do ano pasado, na que se recolleron 14.720 quilos.

Ao igual que xa se fixera o ano pasado, cando se procedeu a poxar publicamente esta uva por primeira vez, as empresas interesadas en vendimar a uva do Castelo de Soutomaior puideron presentar as súas propostas e a adega gañadora, Quinta das Eirás, S.L. neste caso, foi a encargada de levar a cabo a vendima da uva, da recollida da mesma na leira do Castelo e tamén do traslado á adega. O único criterio de adxudicación que se tivo en conta dende a institución provincial foi a puxa máis alta, partindo dun prezo mínimo establecido en 1,10 euros o quilo. No caso de ter habido dúas ou máis propostas idénticas, a uva repartiríase por igual entre as empresas interesadas.

O Castelo de Soutomaior, fortaleza da Idade Media que hoxe en día é patrimonio público, foi adquirido pola institución provincial no ano 1982 e a súa explotación vitivinícola, que conta con catro hectáreas (o Castelo ten unha extensión de 33), data do 1984. As últimas semanas a Deputación de Pontevedra presentou un ambicioso Plan do Castelo co obxectivo de definir o seu novo papel, ofertar un novo produto de turismo cultural e de lecer, determinar un novo plan de usos así como de viabilidade económica a medio prazo para impulsar o seu rendemento. n

Contenido patrocinado

stats