A CIG reclama salarios e pensión dignas en Galicia

vigo

O sindicato CIG celebrou onte en Vigo o día da clase obreira galega cunha manifestación que partiu de Gregorio Espino ata a rúa do Príncipe. O lema baixo o que percorreron as rúas da cidade os manifestantes foi "Pola recuperación dos dereitos, na Galiza empregos, salarios e pensións dignas".

redacción. VIGO localad@atlantico.net
Publicado: 11 mar 2018 - 01:57
A manifestación recorreu onte as rúas de VIgo.
A manifestación recorreu onte as rúas de VIgo.

O secretario comarcal da CIG en Vigo, Alberto Gonzalves, alertou que en Vigo hai hoxe 14.500 postos de traballo menos que en 2009, e o paro aumentou desde 2007 en case un 40%. "O paro, os baixos salarios e a precariedade provocan que só na cidade de Vigo, 65.000 persoas fiquen en risco de exclusión e pobreza. Non son datos da CIG: son datos oficiais da administración", advertiu.

Esa situación "agrávase se a poñemos en perspectiva de futuro, dado o desmantelamento dos nosos sectores produtivos estratéxicos, indispensábeis para que se produza unha recuperación efectiva da produción, e xa que logo, do emprego e da creación de riqueza", sinalou Gonzalves en referencia o naval, entre outros.

Contenido patrocinado

stats